- Alejandra, comezas a participar no proxecto “Vite a ceo aberto” como alumna do Máster en Psicoloxía da Intervención Social, no curso 2022/2023, e nestes momentos participas como psicóloga comunitaria e codinamizadora dun clube xuvenil de adolescentes. ¿Por que te animaches a incorporarte ao proxecto neste novo rol de dinamizadora?
Polo proxecto en sí, a finalidade e obxectivos que busca, o equipo de profesionais que o mantén e a rapazada que participa. En xeral, por todo o que é e significa o clube xuvenil de Vite. Ademais era unha gran oportunidade para experimentar o que é o traballo no mundo real. Despois de estar tantos anos estudando o que debe ser o traballo profesional poder experimentalo nun lugar que para min é seguridade, comprensión e apoio non ten prezo.
- ¿Como te sintes participando neste proxecto e colaborando co Plan sociocomunitario e con FM?
Moi satisfeita e cada vez mais segura de min mesma como profesional e como persoa. Sinto que grazas a este proxecto me quito pouco a pouco de enriba ese “síndrome da impostora” que creo que a maioría cargamos, sobre todo cando acabas de saír de estudar.
Agradecida tamén porque me brindaron a oportunidade de continuar traballando ca rapazada que participa e os compañeiros de proxecto. Colaborar con xente diversa e poder formar tan bo equipo, que todo sexa tan fácil e saia tan natural é unha gozada. Creo as palabras que mellor o definirían serían admiración e cariño.
- ¿Cal cres que é a Aprendizaxe máis significativa que experimentaches participando no proxecto?
O primeiro que se me ven á mente é sin duda a de experimentar e coñecer o mundo profesional e a traballar nun equipo multidisciplinar. Vas aprendendo os procesos que se levan a cabo e adaptandote a eles. Aprendes tamen a traballar cas persoas adolescentes, como interactuar con elas e falarlles, cando “tirar” delas para algunha actividade e cando necesitan un pouco de axuda. Eso solo se aprende facendoo e traballando con elas, non se pode ensinar na universidade.
Sin embargo, creo que a maior das aprendizaxes e da que máis orgullosa estou é a de confiar en min e verme a min mesma como unha profesional máis.
- Engade calquera cousa que necesites e queiras expresar.
Síntome feliz de participar no proxecto, de ter compañeiras tan maravillosas como as que teño e coñecer e traballar con rapazada tan amorosa. Todas e cada unha das persoas que forman parte do proxecto fan que todos os procesos sexan fáciles, fluídos e moi naturales. E como xa mencionei, síntese realmente como un lugar seguro dende donde traballar e iniciar a miña carreira profesional. E iso non ten prezo.
Moitas grazas